top of page

Catro medallas para o Club Atletismo Deza no Campionato Provincial Sub 14

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A inscrición para o Campus de Verán segue aberta


Laura Moure/Lalín

Na pasada fin de semana, o Club Escola Atletismo Deza participou no Campionato Provincial Sub 14. Clasificáronse un total de oito deportistas de Deza e acadaron catro medallas.


Beltrán Rivas proclamouse campión en 80 metros balados e conseguiu o bronce en salto de lonxitude.

Valeria Pájaro fíxose coa prata en lanzamento de peso e Carmen Vázquez acadou a terceira posición na mesma proba.


Ademais destes deportistas, participaron Alan Fernández, León Feijóo, Celia Vázquez, Xabier Salgueiro e María Campos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Campus

Dende o Club lembran que a inscrición para o Campus de Verán segue aberta. Poden realizala a través do correo atletismo.deza@gmail.com ou no teléfono 623 189 677 (Nacho) ou a través das redes sociais do Club.


O Campus terá lugar entre o 26 de xuño e o 28 de xullo e pódese reservar por semanas. Ten un custo de 40 €/Semana para os non socios e de 35 para os socios. No caso de reservar unha única semana o prezo incrementarase cinco euros.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page