top of page

Catro gatiñas abandonadas nun transportín en Lalín buscan un fogar responsable

Laura Moure/Deza

A Asociación Protectora Bigotes Colonias de Gatos de Lalín lanza unha mensaxe porque precisan adopcións responsables debido a un caso extremo de abandono. Catro gatiñas foron abandonadas en Lalín esta semana.

As catro gatiñas que buscan un fogar.
As catro gatiñas que buscan un fogar.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Na tardiña de onte (polo luns) apareceron abandonadas estas catro gatiñas duns 6 meses de idade, metidas as catro nun transportín e abandonadas á beira dun contenedor de basura. As catro gatitas son mansas, están saniñas. Pasaron revisión veterinaria en Animalia Deza Centro Veterinario, quen nos certifican que ningunha está preñada. Son gatas caseiras e boas que necesitan un fogar. Por favor, axudádenos a toparlles un bo e responsable fogar. O que podemos ofrecer é unha estancia temporal, loxicamente. E aínda que xa non están en perigo, seguen sen familia", sinala a protectora.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ante isto, Bigotes, fai un chamamento á solidariedade. "E aproveitamos tamén para apelar á responsabilidade. Castrade os vosos animais e afeade as condutas de quen regala gatos cando lle paren no canto de castrar as súas mascotas. Non pode ser que en Lalín vivamos casos así. É dun grao de maldade e irresponsabilidade que non ten cabida na nosa sociedade. Por favor, compartide, a ver se entre todos lles topamos un fogar. Entréganse en adopción castradas, vacinas ao día, chip e pasaporte europeo, como cómpre ter os felinos segundo a normativa vixente en Europa no século XXI", salienta a asociación.


Podedes contactar con Bigotes a través das súas redes sociais ou do correo bigoteslalin@gmail.com




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page