top of page
Perruquería Marisa.gif

Castrofeito, no Pino, esixe a súa parada de bus logo de eliminarse por mor das obras da A-54 no 2017

Esta parroquia culpa á Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, da situación de abandono na que se atopa


Ecos da Comarca/O Pino

A parroquia de Castrofeito (O Pino) culpa á Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, "da situación de abandono na que se atopa e reclama a súa parada de autobús, logo de que ésta se eliminase por mor das obras da autovía A-54 no 2017".

A asociación de veciños sinalara que xa presentara o 4 de marzo de 2021 unha queixa no Servizo de Mobilidade, onde se informaba da situación de illamento no que se atopaba a zona e do grave trastorno que esta situación provocaba nas persoas que cada día optaban por empregar este medio de transporte.


Pola súa banda, indica que a Dirección Xeral de Mobilidade informaba, hai preto de dous anos (marzo 2021) que xa “se iniciou un traballo de análise conxunta coa empresa titular da concesión e o Concello do Pino co obxectivo de atopar unha solución para a súa conexión con Santiago, solución esta que a pesar de estar acadada, segundo información aportada pola administración local, aínda non se materializou", lamenta este colectivo.

Unha situación que dende a veciñanza cualifican de “populista” e sinalan que “todo segue

igual” e que “non é nin por culpa da concesionaria nin da administración local”, por iso instan a que se tome unha solución xa por parte do Ministerio de Transporte. Petición á que se suma a parroquia de Lavacolla, outra prexudicada por esta mala comunicación entre territorios limítrofes.

70 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page