Castro Serantes aposta pola enerxía solar
As placas solares presentes nas súas instalacións de Santiso abastecen a explotación converténdoa en sostible
Laura Moure/Santiso
Castro Serantes, a empresa de ovos campeiros 100% galega e instalada en Santiso, conta cunha rede de paneis solares que abastecen á explotación de enerxía sostible.
Castro Serantes nace como unha empresa de ovos campeiros onde prima o benestar animal, o emprendemento de novos negocios e o rural como medio de desenvolvemento. A todo isto súmase unha enerxía limpa como un forte compromiso co medio ambiente. Trátase do Plan de Sustentabilidade da empresa, a través do cal seguirá investindo en melloras, investigando en procesos pouco invasivos coa contorna e que respecten a tradición sen perder de vista o obxectivo final: a calidade do seu produto, o ovo.

Hai uns meses entrevistamos ao responsable da empresa. O entrevista no enlace: