Carmen Pazos Moreda sopra as 101 velas en Silleda
- Laura Moure
- 27 mar
- 1 Min. de lectura
É natural de Vila de Cruces, pero residiu durante anos en Saídres
Laura Moure/Silleda
Carmen Pazos Moreda celebrou na residencia de maiores de Ponte (Silleda) o seu 101 aniversario rodeada da súa familia e o personal do centro.
Publicidade
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, visitaron a esta veciña, que aínda que nacida en Vila de Cruces residiu durante anos na parroquia de Saídres, antes de ingresar nesta vivenda comunitaria para maiores en Ponte, rexentada pola firma Vitalar.

Aínda que con algún achaque de saúde que lle afecta á audición e á visión, Carmen goza de boa saúde. A súa paixón polo baile dende que era nova, e de feito hai un ano non faltou a música para celebrar o seu ingreso no club de persoas centenarias. A alcaldesa e a concelleira agasallaron a Carmen cun ramo de flores en nome de toda a veciñanza de Silleda.
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parábens, Carmen!
Comments