Carla Gómez e Marta Burgos son as gañadoras do II Concurso de Repertorio Orquestral
- Laura Moure

- 15 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Celebrouse esta fin de semana no marco do Galicia Clarinet Fest que ten lugar en Lalín
Laura Moure/Lalín
Carla Gómez (A Coruña) e Marta Burgos (Málaga) son as gañadoras do II Concurso de
Repertorio Orquestral que se celebrou esta fin de semana no marco do Galicia Clarinet Fest que ten lugar estes días en Lalín. O xurado estivo composto por Juan Ferrer Cerveró (Clarinete Principal da OSG), Vitor Matos (Universidade do Minho), Arno Piters (Royal Concertgebow), Tibor Reman (Staatcapelle Berlin), José Luis Estellés (Musikene), e Emilio Alonso Espasandín (Orchestre National de Cannes).

Valorou, en ambas intérpretes, o perfil profesional que máis de adaptase a cada unha das
formacións, dado que van cubrir un programa como músicos activos en dúas grandes
orquestras sinfónicas, Marta Burgos na Real Filharmonía de Galicia, e Carla Gómez na
Orquesta Nacional de Cannes.
Publicidade
O programa do festival continúa hoxe, luns, ás 19.30 horas co Recital de piano a cargo de Vitor Matos (clarinete) e Isolda Crespi (piano). Ás 21:00 horas será o turno de Cat Klezmer Trío.
O martes estarán ás 19:30 horas Arno Piters, Tibor Reman e Lorenzo Coppola como
clarinetistas, e Cristina Esclápez ao piano. Ás 21 horas o fado chegará a Lalín co Trío de fado Choro Lusitano.







Comentarios