top of page

Carla Gómez e Estela Rodríguez gañan o IV Concurso Internacional de Clarinete do Galicia Clarinet Fest

O certame inscríbese no marco da VII edición do Galicia Clarinet Fest, que converteu  a Lalín un ano máis na capital europea do clarinete do 2 ao 9 de agosto


Laura Moure/Lalín

O Auditorio de Lalín acolleu onte a fase final do IV Concurso Internacional de Clarinete, unha das sección do VII Galicia Clarinet Fest que concita máis expectación. Tras unha intensa xornada no día de onte de interpretacións de altísimo nivel técnico e expresivo segundo manifestou o xurado composto polo profesorado do festival deuse a coñecer o palmarés oficial desta cuarta edición.


O IV Concurso Internacional Galicia Clarinet Fest ten como obxectivo promover o talento mozo, fomentar a excelencia interpretativa e ofrecer oportunidades artísticas con proxección nacional e internacional. Repartíronse máis de 10.000 euros en premios distribuídos en diferentes galardóns e categorías, tanto en metálico como en instrumentos, accesorios de descontos na compra de material ofrecidos pola marcas colaboradoras.

Na CATEGORÍA A, ata os 35 anos inclusive, con 2 modalidades:  clarinete e clarinete baixo, as premiadas foron:

Primeiro Premio - Premio Extraordinario Real Filharmonía de Galicia.  CARLA GÓMEZ IGLESIAS (A Coruña) que actuará como solista coa Real Filharmonía de Galicia na edición 2027 do GCF


Segundo Premio. Premio Extraordinario Banda Municipal de A Coruña  .ESTELA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (Ourense) que actuará como solista coa Banda Municipal de A Coruña na edición 2027 do GCF

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Terceiro Premio: Julia Varela López

Cuarto Premio - Simao Rafael Stefanova Yatsiv


Na CATEGORÍA B, ata os 22 anos inclusive, as gañadoras foron:

Primeiro Premio - Sergio Gracia Segarra  

Segundo Premio - Andrea Siurana Renau

Terceiro Premio - Álvaro Padilla  Alcántara

·        Mención Especial

Rosa María  Rodríguez Otero 


CATEGORÍA C, ata os 16 anos inclusive, as gañadoras foron:

Primeiro Premio - Laia Eixarch del Pozo

Segundo Premio - Nerea Campos Requeijo 

Terceiro Premio - Jana Mejuto Rodríguez

·        Mencións Especiais

Telma Veloso Dios

Julia Martina Iglesias Pateiro

Saínza Vidueiros Fuentes

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

 Plataforma relevante

Pendente de que a organización realice nos vindeiros días unha valoración do festival o director artístico Xocas Meijide adiantou que “O nivel amosado neste IV Concurso Internacional pon de manifesto que o festival é xa unha plataforma relevante para a visibilidade e lanzamento de novos valores da música. Ver a mozos e mozas chegados desde diferentes lugares e idades compartindo espazo cos mellores docentes do mundo reforza a vocación integradora e transformadora da cultura. O feito de que o alumnado repita ano tras ano, de que se dean cita en Lalín virtuosos/as do clarinete con afeccionados/as que veñen de distintas partes do mundo, clarinetistas de dez anos compartindo escenario con outros de oitenta, demostra que neste festival a música, na súa esencia máis pura e como linguaxe universal, está no centro. Un festival que conseguiu crear algo do que poucos eventos poden presumir, sentirse parte dunha comunidade formada por profesorado, músicos e alumnado. E da que forma parte tamén o público que nesta edición arroupou sen límites o festival.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Concerto de orquestra

Un dos eventos máis emotivos da semana foi o concerto qda orquestra de clarinetes do festival que tivo lugar onte nun encontro único, con 130 intérpretes sobre o escenario, cun rango de idades entre os 10 e os 80 anos, onde alumnado e profesorado interpretan un repertorio ad hoc para o festival.


 Artistas que percorren escenarios internacionais compartindo palco coa mocidade que estivo formándose na Academia, tanto nas clases grupais ou individuais, como nas clases maxistrais. Ademais de Galicia e do resto de España os clarinetistas proceden de países como Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Arxentina, Francia, Alemaña, Holanda, Suiza ou Uruguai, entre outros.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O concerto de Pablo Sanmamed Trío con Benxa Otero pechou esta edición do festival coa presentación no casino do disco Zugunruhe, dentro do ciclo Noites de jazz en Lalín, que o público respaldou con entusiasmo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page