top of page

Camminautismo recorre a etapa Melide-Arzúa do Camiño de Santiago acompañado pola Garda Civil

Este colectivo italiano está formado por mozos e mozas con trastorno do espectro autista


Laura Moure/Melide/C.Arzúa

O colectivo italiano Camminautismo, formado por mozos e mozas con trastorno do espectro autista (TEA), iniciou onte o seu percorrido pola provincia da Coruña no marco dunha nova edición do Camiño de Santiago, un ano máis acompañados pola Garda Civil.

A primeira etapa pola provincia foi a que une Melide con Arzúa. Durante o percorrido, os participantes estiveron acompañados por efectivos de Seguridade Cidadá, persoal da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino (OMAP) e integrantes da Escuadra de Cabalería da Garda Civil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Esta iniciativa permite aos integrantes de Camminautismo vivir a experiencia do Camiño de Santiago contando cun dispositivo de acompañamento e apoio ao longo das distintas etapas.


O itinerario continuará hoxe, venres, coa etapa entre Arzúa e O Pedrouzo, mentres que o sábado completarán o percorrido coa última xornada, entre O Pedrouzo e Santiago de Compostela.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Deste xeito, Camminautismo volverá cumprir o seu obxectivo de chegar a Compostela tras percorrer a pé diferentes tramos do Camiño, nunha experiencia que combina deporte, convivencia e inclusión.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page