top of page

Cada quen dun lar, Nós ó noso e The Ca-ra-cas gañan os Cantos de Taberna da Foliada de Melide

Melide vivíu onte a súa primeira xornada desta cita festiva que continúa hoxe, domingo


Laura Moure/Melide

Melide vivíu onte a súa primeira xornada da 19ª Foliada. As rúas e os bares enchéronse de xente nun día na que a música e o baile tradicional mergullan a vila. Moitas persoas achegáronse aos postos da Mostra de Artesanía e Instrumentos, na Praza do Convento, onde se reúnen 14 expositores que inclúen desde instrumentos de percusión, gaitas e zanfonas ata confección de traxes tradicionais. A mostra, este domingo, estará aberta dende as 11:00 ata as 19:00 horas.

Cada quen dun lar foi o vencedor nos Cantos de Taberna.
Cada quen dun lar foi o vencedor nos Cantos de Taberna.

A rúa tamén estivo animada onte co desfile de xigantes e cabezudos e coa música de Os Treboeiros de Muimenta. Un dos pratos fortes foi o 15º Concurso de Cantos de Taberna, no que participaron 21 grupos que percorreron os bares da zona antiga de Melide. Neste certamen,o primeiro premio foi para Cada quen dun lar, o segundo, para Nós ó noso e o terceiro, para The Ca-ra-cas. As formacións galardoadas recibiron unha cesta de produtos locais. No acto de entrega dos premios participaron os edís Carme Liñeira, Xosé Igrexas, José María Santín e Mayka Basalo.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Pola tarde tamén houbo obradoiros, como o de baile de Manu Seoane, e a Marcha Gaiteira polas rúas de Melide ata o centro da festa, na Praza das Coles, onde tivo lugar o Serán. Á noite celebráronse os concertos de Os Carecos e Os D’Abaixo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A Foliada de Melide continúa ao longo deste domingo cun amplo programa de actividades:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page