Buscan a unha octoxenaria desaparecida en Palas de Rei
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Está activo dende hoxe, sábado, ás 9:00 horas un operativo de busca dunha octoxenaria de Palas de Rei.

A muller é da parroquia palense de Lestedo e leva desaparecida ao menos dende está medianoite, tal e como informa Protección Civil de Palas de Rei.
Na súa busca participa ademais de Protección Civil de Palas de Rei, o GES de Monterroso, o GES de Palas-Friol e axentes da GNR e da Garda Civil.
Tamén están no lugar cans de rescate especializados na busca de desaparecidos e un helicóptero da Garda Civil sobrevoa a zona.
ACTUALIZACIÓN 20:00 HORAS: APARECEU A DESAPARECIDA.
Máis información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/aparece-a-octoxenaria-desaparecida-en-palas-de-rei