Aparece a octoxenaria desaparecida en Palas de Rei
Laura Moure/Palas de Rei

Protección Civil de Palas de Rei acaba de informarnos (20:00 horas deste sábado) de que apareceu a octoxenaria que levaba desaparecida neste municipio.
A muller é da parroquia de Lestedo e levaba en paradoiro descoñecido dende a medianoite. A priori a muller atópase ben e está sendo revisada polos médicos, tal e como informa Protección Civil de Palas.
No operativo de busca, que arrancou ás 9:00 horas, participación Protección Civil de Palas de Rei, o GES de Monterroso, GES Palas- Friol e os axentes da GNR e da Garda Civil. Tamén colaboraron cans de rescate, drons, o helicóptero da Garda Civil e veciños do municipio.
NOTICIA RELACIONADA:
Noticia desta mañá na que informamos da súa desaparición: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-unha-octoxenaria-desaparecida-en-palas-de-rei