top of page

Braulio Cao Leo será o novo director da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira

A formación presentará disco, repertorio e ao novo director nun novo recital o vindeiro domingo 28 de abril


Laura Moure/Silleda

A Banda Recreativa e Cultural da Bandeira celebra o vindeiro domingo día 28 un recital con estreas por partida triple. Así a formación presentará ao público o novo repertorio da tempada que interpretarán xa baixo a batuta do seu novo director: Braulio Cao Leo.


Publicidade


O concerto, previsto para as 18:30 horas no auditorio Manuel Dopazo, suporá a estrea oficial de Cao na dirección, tomando o relevo de Manuel Otero Payno. Cao Leo volta á formación que xa dirixiu hai anos tralo seu paso pola Banda de Música de Padrón. No concerto, tamén se presentará o novo disco da formación, co título “Viva a música e

siga”, gravado o pasado mes de decembro pola formación bandística.


Publicidade

A presidenta da Banda, Bea Rodríguez Pena, agradeceu o apoio do Concello nesta actividade e amosou a ilusión da formación por esta triple estrea. Rodríguez, participou na

presentación xunto ca alcaldesa, Paula Fernández, que parabenizou á Banda Recreativa e

Cultural de Bandeira por este novo traballo; a concelleira de Cultura, Mónica González, e

Javier Penido, integrante da formación e membro da directiva.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page