top of page

Bombombun, de Melide, primeira drag queen galega en participar no reality Regias del Drag España

Laura Moure/Melide

A artista drag Bombombun (Samuel Carbonett Carbonett, Cumaná, Venezuela, 1992), natural de Venezuela e residente en Melide, Galicia, forma parte da nova tempada do programa cultural Rexias do Drag España que reivindica o drag como arte e cultura. Regias do Drag España, é un reality drag independente producido pola asociación cultural CuidadoQueTeVeo, creado e presentado por Nina Vagina.

O programa reúne a nove artistas de distintos puntos do país que competirán ao longo de sete episodios por alzarse coa coroa da edición. Para Bombombun, esta participación supón “unha oportunidade para visibilizar o meu talento e demostrar que a arte queer tamén nace e crece fóra das grandes capitais”.


A súa traxectoria

Cunha traxectoria marcada pola rimbombancia, elocuencia e elegancia, extravagante, Bombombun, converteuse nunha figura salientable dentro da escena Galega. Nos últimos anos, Bombombun levou o drag aos escenarios dos concursos de beleza, portando consigo mesma o seu programa de farándula gai “Sen Tabú”, sendo residente en distintos lugares de lecer nocturno como Sagitario Disco Bar, Dancing Evolution e A Santa Tolemia.

 PUBLICIDADE

O programa Regias do Drag España é un concurso no que cada episodio presenta novos retos que poñen a proba o talento das artistas e que busca “coroar á seguinte herdeira do imperio de ilusións”, afirma Nina Vagina. Cada participante terá que crear un espectáculo único marcado pola temática semanal e que verá a luz no Teatro Principal de Cáceres.


Cada capítulo inclúe:

 ● Minis retos creativos

 ● Confesionarios privados das concursantes

 ● Espectáculo principal con performance artística

 ● Valoración do xurado profesional

 ● Batalla de lip-syncs

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Máis aló do entretemento, o proxecto aborda temas sociais como a diversidade, a identidade, a saúde mental, o bullying, o amor queer e as infancias LGBTQ. Desde a súa estrea en Youtube en 2022, o programa acumula máis de 500.000 visualizacións na plataforma de acceso gratuíto e millóns de visualizacións nas súas redes sociais, consolidándose como un espazo cultural de referencia dentro do panorama drag independente do Estado español.


“Participar en Regias do drag converteuse nun desafío privado, pois nunca é tarde para intentar alcanzar novos obxectivos na vida e esta é a oportunidade perfecta”, sinala Bombombun.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page