top of page

Blanca Maceira Balboa, vencellada ao ámbito das emerxencias, (in)VISIBLE mes de febreiro de Silleda

 Este mércores día 11 do Día Europeo do Teléfono de Emerxencias 112


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de nomear a Blanca Maceira Balboa como (in)VISIBLE do mes, coincidindo coa celebración este mércores día 11 do Día Europeo do Teléfono de Emerxencias 112, unha data especialmente simbólica para recoñecer a labor dunha muller vencellada dende hai décadas ao ámbito das emerxencias.


Natural da Bandeira, Blanca Maceira Balboa naceu, criouse e vive na Bandeira. Filla de Sergio e Amparito, é a pequena de 4 irmáns. Cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago de Compostela, onde se diplomou en Maxisterio, na especialidade de Educación Infantil, e se licenciou en Pedagoxía Terapéutica.

Aínda que a súa formación inicial estaba orientada á docencia, a súa traxectoria profesional desenvolveuse no ámbito das emerxencias. No ano 1995 comezou a traballar como operadora en SOS Galicia, actual Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia 112 (CIAE-112). En 1999 pasou a ocupar o posto de Coordinación de Sala e, no ano 2003, asumiu a responsabilidade da área de Formación.


Foi nese momento cando decidiu continuar especializándose no eido das emerxencias, un ámbito que xa require formación específica para o acceso aos postos de operadora ou coordinadora. Esta preparación inclúe, entre outros aspectos, a comunicación interpersoal, o coñecemento da xeografía galega, os protocolos de actuación e o manexo das ferramentas de xestión de emerxencias.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A súa formación complétase con dúas diplomaturas universitarias pola Universidade de Valencia: o Diploma de Especialización Profesional Universitario en Instrutor en Servizos Operativos de Emerxencias e o Diploma de Especialización Profesional Universitario en Centros Públicos de Xestión de Emerxencias: Centros de Coordinación de Emerxencias e Teléfono 112. A elas súmanse numerosas xornadas, conferencias e cursos especializados, entre eles o de Técnicas de Control de Estrés en situacións de emerxencias, impartido polo

Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.


No ano 2003, coincidindo co seu labor como responsable de Formación do CIAE 112 Galicia, asumiu tamén a formación doutros centros de emerxencias do Estado, como o 061 de Cantabria e Zaragoza ou o Centro 112 da Rioxa. Foi unha etapa intensa, pero que a propia Blanca define como unha das máis enriquecedoras da súa carreira profesional.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Ao longo destes anos impartiu cursos de formación específica relacionados coa atención ás emerxencias e os centros de coordinación en distintos puntos do Estado, como o 112 da Cidade de Ceuta, o 112 de Castela-A Mancha, o Centro Coordinador da Autoridade Portuaria da Coruña ou o Centro Coordinador de Bombeiros de Tenerife. Ademais, durante o tempo no que en Galicia estivo en funcionamento o ciclo formativo de Técnico en Coordinación de Emerxencias e Protección Civil, foi a encargada de impartir o módulo de Supervisión das Actividades de Comunicación ou Salas de Operacións de Emerxencias.


Dende o ano 2008 exerce como Xefa de Xestión Operativa do CIAE 112 Galicia, un posto desde o que coordina toda a parte operativa do servizo, asumindo un novo reto profesional de gran responsabilidade.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Co seu nomeamento como (in)VISIBLE do mes de febreiro, o Concello de Silleda quere poñer en valor a traxectoria dunha muller que, dende a discreción e o compromiso, leva máis de tres décadas contribuíndo a garantir a seguridade e a atención ás emerxencias da cidadanía, facendo visible un traballo esencial que moitas veces permanece no anonimato.


A alcaldesa, Paula Fernández Pena, destaca que “recoñecer a persoas como Blanca é tamén unha forma de educar e concienciar: detrás dunha chamada ao 112 hai organización, coordinación e unha profesionalidade enorme”. Así mesmo, a rexedora engade que “este nomeamento é un agradecemento público a unha carreira marcada pola entrega e o compromiso e tamén un orgullo para o noso municipio”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page