Biofliytech xa ten explanados os terreos da planta de Palas para producir larva fresca de mosca
Ten previsto criar 12.000 toneladas anuais destes insectos a partir de setembro
Laura Moure/Palas de Rei
A empresa Biofliytech xa ten limpos e explanados os terreos da planta de Palas de Rei na que ten previsto producir máis de 12.000 toneladas anuais de larva fresca de mosca a partir de setembro.

"Bioflytech ten previsto producir máis de 12.000 toneladas anuais de larva fresca de mosca soldado negra para desenvolver fariñas proteicas e graxas destinadas á alimentación animal, dende a súa planta de Palas de Rei que comenzará a estar operativa dende setembro deste 2023. Dito proxecto innovador, conta cun investimento de ata 20 millóns de euros nesta primeira fase e supón a xeración de máis de 50 empregos directos e uns 75 indirectos. Este tipo de iniciativas están moi vinculadas ó concepto de economía circular, xa que son os propios insectos os que actúan como recicladores naturais e asimilan nutrientes dunha ampla gama de productos orgánicos", sinala o Concello. "Os insectos, son os encargados de converter o alimento en biomasa dunha forma máis sustentable e eficiente que a maioria de seres vivos, reducindo os consumos de auga e o uso de antibióticos".
Nestes momentos, Bioflytech ten limpos e explanados os terreos onde asentará as naves de cría e sembra de mosca, así como, outras construcións anexas para albergar os almacéns e as oficinas administrativas, todo isto, nunha parcela de 55.000 metros cadrados, no lugar coñecido como “Cova do Espiño”, ao carón da estrada LU-231, entre a parroquia de Ferreira e Palas de Rei.
NOTICIA RELACIONADA:
Anuncio da instalación desta empresa: https://www.ecosdacomarca.com/post/palas-contar%C3%A1-cunha-planta-de-colleita-e-cr%C3%ADa-de-larva-de-mosca-destinada-%C3%A1-alimentaci%C3%B3n-animal
Comezo da preparación dos terreos: https://www.ecosdacomarca.com/post/avanza-en-palas-a-adecuaci%C3%B3n-de-terreos-para-a-construci%C3%B3n-da-planta-de-cr%C3%ADa-de-larva-de-mosca