top of page

Palas contará cunha planta de colleita e cría de larva de mosca destinada á alimentación animal

Terá unha inversión superior ós 20 millóns de euros e prevé xerar uns 50 postos de traballo directos na súa primeira fase


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei contará cunha planta de colleita e cría de larva de mosca. Así o anunciaron reprensentantes da empresa encargada de desenrolar o proxecto acompañados da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, xunto con outros membros da Corporación palense. A planta, de ciclo completo, estará composta dunha serie de granxas nas que se vai colleitar e críar larva de mosca e convertela en fariña e graxa para, logo, destinala á alimentación animal.

Dito proxecto, pioneiro en España, pertencente a Industria 4.0, con tecnoloxía propia e de carácter innovador, vai dirixido a produción de proteína a partir de insectos (moscas). Supón, unha inversión superior ós 20 millóns de euros e prevé xerar uns 50 postos de traballo directos, na súa primeira fase, que se agarda que estea en funcionamento no vindeiro mes de setembro.


Cantidades

Os representantes da empresa destacan que nesta primeira fase do proxecto, teñen previsto manexar “14.000 toneladas de larva fresca para convertelas en aproximadamente de 3.500 a 4.000 toneladas de fariña ao ano e aproximadamente unhas 1.300 toneladas de graxa, aparte do compost orgánico que ten unha saída moi importante en Europa", segundo destaca a firma.


25 anos no sector

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, subliñou a longa traxectoria desta empresa que está a cumprir 25 anos no sector, así como, destacou o carácter “estratéxico, innovador, limpo e circular deste proxecto que non ten incidencia dende o punto de vista mediambiental, aparte de que as emisións de CO2, son nulas, xa que están perfectamente pechadas as granxas. Cumple coas perspectivas do que quere Galicia como: rexión verde, onde as emisións de CO2 sexan menores. pero tamén quere ser unha rexión punteira dende o punto de vista empresarial e de proxectos estratéxicos”.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, dixo que “hoxe é un día feliz para Palas de Rei” e agradeceu á empresa que optara por este municipio para desenrolar esta iniciativa, así como, tamén, á Xunta de Galicia, especialmente á conselleira de Medio Ambient polo impulso decidido a este proxecto ao que calificou de “innovador, circular e sostible e que, tamén, vai axudar a que os gandeiros obteñan materias primas coas que poidan ser susceptibles de alimentar ao gando. Vai ser un proxecto que sitúe a Galicia no mapa e por suposto, ao noso concello de Palas de Rei”, recalca Taboada.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page