top of page

Nova convocatoria de axudas no Pino a universitarios e estudantes de ciclos formativos de graos superior

As achegas, de 300 euros, destínanse a financiar gastos de material, residencia ou matrícula


Laura Moure/O Pino

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o 26 de agosto de 2025 as bases reguladoras das axudas do Concello do Pino dirixidas a estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2025/2026. As axudas teñen como finalidade financiar gastos correntes de material, residencia e matrícula. O importe global non poderá superar os 3.000 euros.

Segundo establecen as bases, poderán ser beneficiarios/as os estudantes empadroados/as e con residencia efectiva no Concello do Pino cunha antigüidade mínima dun ano, matriculados/as en estudos universitarios de grao ou máster (non doutoramento) ou ciclos formativos de grao superior no curso 2025/2026, sempre que cumpran os requisitos de renda e demais condicións recollidas na convocatoria.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O prazo de presentación de solicitudes comeza ao día seguinte da publicación do extracto

da convocatoria no BOP e estará aberto ata o 15 de outubro de 2025. A documentación

deberá rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das

Administracións Públicas.


Concederanse dez bolsas de 300 euros ás persoas solicitantes que, reunindo os requisitos, acrediten as rendas familiares máis baixas, ata esgotar o límite de crédito dispoñible.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As bases completas, así como os anexos de solicitude poden consultarse na web municipal:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page