top of page

Avanza en Palas a adecuación de terreos para a construción da planta de cría de larva de mosca

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Instalarase no lugar coñecido como “Cova do Espiño”, ao carón da estrada LU-231


Laura Moure/Palas de Rei

A maquinaria traballa na adecuación dos terreos onde se instalará esta planta en Palas.

Avanzan os traballos de movemento e adecuación dos terreos para a instalacións das naves de cría e sembra de larva de mosca da planta, de ciclo completo, que a empresa Bioflytech asenta en Palas de Rei, tal e como informa o Concello.


Dito proxecto, pioneiro en España, pertencente a Industria 4.0, con tecnoloxía propia e de carácter innovador, vai dirixido a produción de proteína a partir de insectos (moscas).

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Dende as diferentes naves desta planta en Palas de Rei, criarase e producirase larva de mosca para convertela en fariña e graxa para destinala á alimentación animal. "Este proxecto supón, unha inversión superior ós 20 millóns de euros e prevé xerar uns 50 postos de traballo directos, na súa primeira fase, que se agarda que estea en funcionamento no vindeiro mes de setembro", lembra o Concello.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os operarios cun amplo tipo de maquinaria afánase, estos días, nas obras de preparación dunha parcela de 55.000 metros cadrados, no lugar coñecido como “Cova do Espiño”, ao carón da estrada LU-231, no punto qilométrico 13, 486, entre a parroquia de Ferreira e Palas de Rei.


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page