top of page

Berce do Ulla continúa as reunións institucionais e chama á participación nas mobilizacións día 31

O obxectivo é frear a instalación de macroplantas de biogás na comarca da Ulloa


Laura Moure/Antas de Ulla

O pasado martes 21 de maio, dúas representantes do Colectivo Veciñal Berce do Ulla

mantiveron unha reunión co vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro Caloto, e

coa deputada provincial do BNG, Iria Castro Fernández, dentro da rolda de contactos

institucionais iniciada por esta asociación co obxectivo de frear a instalación de macroplantas de biogás na comarca da Ulloa.

"Durante o encontro, presentamos o noso colectivo como unha asociación veciñal comarcal que leva meses traballando para informar á veciñanza e visibilizar os riscos

ambientais, sociais e económicos asociados a este tipo de instalacións industriais. Explicamos tamén os pasos dados ata o momento, incluída a recente poxa dos terreos da

Deputación en Antas de Ulla, que foron finalmente adxudicados a unha fundación ambiental, feito que foi valorado positivamente polos representantes do BNG. Trasladámoslles a nosa preocupación pola presenza activa de varias empresas interesadas en instalarse na comarca e insistimos na demanda principal da mobilización estatal do vindeiro 31 de maio: a paralización de todos os proxectos de plantas de biogás, tanto iniciados como en trámite, ata que se aprobe unha lexislación específica que garanta a súa regulación, control e monitorización", indica o colectivo.


Os representantes do BNG manifestaron, segundo explica o colectivo veciñal, que o debate sobre este modelo está aberto dentro do seu grupo político, e aínda que xa se teñen posicionado en contra de proxectos concretos como os de Antas de Ulla ou Lugo, aínda non alcanzaron un consenso sobre a petición de paralización xeral de todos os proxectos. Comprometéronse a emitir un posicionamento claro nos vindeiros días e a manter unha nova reunión con esta asociación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Esta xuntanza súmase á que mantivemos o pasado 7 de maio con Pilar Porto, en

representación da Presidencia da Deputación e da Alcaldía de Antas de Ulla. Ademais,

temos solicitadas entrevistas co Partido Popular provincial e os distintos alcaldes e

representantes dos grupos políticos dos concellos que integran a comarca da Ulloa".


Desde o Colectivo Veciñal Berce do Ulla fan un chamamento á cidadanía da comarca

a participar nas mobilizacións convocadas en todo o Estado Español o vindeiro sábado 31

de maio, ás 12:00 horas, baixo o lema común:

🗣 “Nin no teu pobo, nin no meu. Stop Biogás.”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Animamos tamén a apoiar difundindo nas redes, pegando carteis ou mesmo enviando

pequenos vídeos de apoio á causa. Porque a Ulloa merece un futuro limpo, vivo e con respecto polo territorio. #StopBiogás #NonBiogás #NinNoTeuPoboNinNoMeu #BerceDoUlla #UlloaViva".

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page