top of page

Belén do Campo supervisa en Touro o punto limpo móbil

hace 3 minutos
4 min de lectura

Está financiado con máis de 12.000 euros pola Xunta

Laura Moure/Touro

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Touro, Jesús José Reboredo, e a directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, visitou este concello onde supervisou o novo equipamento dun novo punto limpo, unha actuación que contou cunha axuda de máis de 12.000 euros do Goberno galego, ao abeiro da orde de axudas a concellos, mancomunidades e deputacións provinciais para incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal. Concretamente, esta achega permitiu a subministración dun punto limpo móbil tipo remolque para a recollida selectiva de residuos dentro da liña de adquisición de equipamentos para puntos limpios móviles para estender o servizo da rede de puntos limpios en Galicia e incrementar a captación e trazabilidade dos residuos municipais especiais.


Durante a visita, Belén do Campo destacou a importancia da colaboración entre administracións para dotar os municipios dos medios necesarios para mellorar os servizos

de recollida e tratamento de residuos, modernizar as súas instalacións e avanzar cara a un

modelo máis sostible e adaptado ás esixencias ambientais actuais.

Novo equipamento

O novo equipamento consiste nun remolque especialmente adaptado para funcionar como punto limpo itinerante, que permitirá recoller de maneira diferenciada distintos tipos de

residuos domésticos que, polas súas características, non deben depositarse nos

colectores convencionais.


En concreto, conta con espazos específicos para a recollida de tubos fluorescentes e

outros residuos que conteñen mercurio, pinturas e vernices, tanto con substancias

perigosas como sen elas, pilas e baterías, xoguetes, madeira, plásticos, restos metálicos e

equipamentos eléctricos e electrónicos que conteñen gases refrixerantes.


O remolque dispón dunha lonxitude total de 3,45 metros, unha caixa de 2,10 metros de

longo, 1,60 metros de ancho e 75 centímetros de alto. Conta con nove portas de acceso,

catro por cada lateral e unha na parte traseira, para facilitar o depósito dos distintos

materiais. A súa estrutura incorpora paneis illantes tipo sándwich, perfís de aluminio, chan

reforzado, sistema automático contra incendios mediante sensor de temperatura e

elementos de estabilización, entre outras características técnicas.

 PUBLICIDADE

O equipamento inclúe tamén a correspondente sinalización. Ademais, o proxecto contemplou unha acción formativa específica dirixida ao persoal municipal responsable da

súa posta en servizo, manexo e operación.


Belén do Campo puxo en valor que esta solución permitirá estender territorialmente a recollida separada de residuos municipais especiais, mellorar a cobertura do servizo e

incrementar a cantidade de materiais susceptibles de reutilización e reciclaxe, contribuíndo

así a reducir os vertidos incontrolados.


Nesta liña, apuntou que a previsión é atender a unha poboación de 3.342 habitantes, levar

a cabo unha recollida separada de residuos especiais de 11,63 toneladas ao ano e

rexistrar unha redución estimada de verteduras incontroladas do 20%.


A delegada subliñou que iniciativas deste tipo están aliñadas cos obxectivos da economía

circular e co Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia, ao tempo que contribúen

a avanzar cara a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente, no que tamén

os concellos de menor tamaño e as súas parroquias conten cos recursos necesarios para unha correcta xestión dos residuos.


Convocatoria 2026

Neste sentido, lembrou que a Xunta de Galicia concedeu este ano 5,1 millóns de euros a

través desta convocatoria, destinada a apoiar as entidades locais na mellora da xestión

dos residuos e no cumprimento da normativa estatal e europea nesta materia.


En concreto, explicou que estas axudas permiten financiar 170 actuacións en 83 concellos

galegos, co obxectivo de “acadar un modelo de xestión de residuos máis eficiente,

equitativo e mellor preparado para os retos do futuro”, destacou a delegada. Na provincia

da Coruña concedéronse 64 axudas que benefician 30 municipios e o Consorcio das

Mariñas por un importe de preto de 1,8 millóns de euros.


A delegada territorial sinalou que a maior parte dos fondos desta convocatoria se destinou

á recollida e tratamento de biorresiduos, con máis de 3 millóns de euros para iniciativas

relacionadas coa recollida separada, a adquisición de vehículos específicos e a

implantación de sistemas de compostaxe doméstica e comunitaria.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Así mesmo, outras liñas de financiamento permitiron apoiar actuacións relacionadas coa

xestión de residuos téxtiles, con 125.000 euros; a modernización dos puntos limpos fixos,

con 1,3 millóns de euros, e a mellora dos puntos limpos móbiles, con 350.000 euros.

Ademais, Belén do Campo puxo en valor a incorporación este ano dunha nova liña de

axudas, dotada con 290.000 euros, destinada especificamente a impulsar proxectos de

dixitalización dos servizos municipais de residuos e avanzar así cara a unha maior

trazabilidade dos refugallos.


No caso de Touro, a representante autonómica destacou a continuidade da aposta municipal por mellorar as súas infraestruturas e servizos ambientais. De feito, lembrou que

o Concello xa recibiu o ano pasado outra achega de 60.000 euros da Xunta para a

adquisición dun novo punto limpo móbil que neste primeiro ano tivo unha gran acollida

entre a veciñanza.


Por último, Belén do Campo subliñou que, desde 2018, o Goberno galego leva destinado

preto de 40 millóns de euros a centos de iniciativas municipais dirixidas a mellorar a

xestión dos residuos, modernizar a rede de puntos limpos, promover a compostaxe,

fomentar a reutilización e reforzar a recollida separada, en liña cos obxectivos e as

esixencias da normativa europea.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page