top of page

Belén do Campo destaca o investimento da Xunta na “Pulpería Ezequiel” de Melide

A delegada informou que na provincia foron beneficiados 45 establecementos por un importe de máis de 3,2 millóns de euros


Laura Moure/Melide

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou, o mércores, a “Pulpería Ezequiel”, en Melide, que contou cunha achega autonómica, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia do ano pasado, o que lle permitiu un importante aforro na súa factura eléctrica. A representante do Goberno autonómico destacou que na provincia foron beneficiados 45 establecementos por un importe de máis de 3,2 millóns de euros.

No caso desta axuda a subvención concedida destinouse a unha nova instalación de climatización e produción formada por bombas de calor con recuperación para dar frío ou calor a través de varios cassettes. Con esta intervención lógrase arrefriar e quentar o aire do local durante todas as épocas do ano  e impulsar e aspirar o aire do local para o seu tratamento térmico.


A delegada da Xunta  destacou a importancia de apoiar a un sector en auxe “con axudas que non só lles van a permitir aforrar na súa factura da luz, senón tamén mellorar a imaxe e a calidade dos servizos turísticos que se prestan no noso territorio” e lembrou que se trata dunha medida incluída dentro das accións que leva a cabo a Xunta de Galicia para avanzar nun modelo turístico sostible.


Convocatoria 2024

Con respecto ás solicitudes realizadas o ano pasado Belén do Campo lembrou que a Xunta reservou 11 millóns de euros en total, para apoiar a 150 empresas, para poder atender todas as peticións presentadas.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Con respecto a convocatorias anteriores, a do 2024 introduciu como novidade, a posibilidade de que as empresas de restauración -non só as de aloxamento- tamén puideran optar a elas.


Ademais, sufrágase a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte (na anterior eran edificios completos), non se pide antigüidade mínima dos edificios a rehabilitar e non hai unha esixencia mínima de aforro enerxético, entre outras.


Publicidade


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Como norma xeral, a intensidade da axuda foi de ata un 70% do custo total subvencionable do proxecto; aínda que puido chegar ao 80 ou 90% no caso no que se acreditasen aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30%.


Entre as actuacións subvencionables incluíanse a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, das instalacións térmicas, a colocación de paneis fotovoltaicos para autoconsumo, renovación da iluminación e dos electrodomésticos e a instalacións de sistemas de automatización e control da enerxía. Os investimentos teñen que estar executados antes do 31 de decembro de 2025.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page