Belén do Campo e Ángel Facio supervisan o resultado das obras no centro de saúde de Boimorto
- ecosdacomarca
- hace 4 días
- 2 Min. de lectura
Estas actuacións foron posibles grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta e o concello de Boimorto ao tratarse dun edificio de titularidade municipal
Ecos da Comarca/Boimorto
A delegada da Xunta, Belén do Campo, e o xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio, acompañados pola alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, comprobaron as melloras realizadas no centro de saúde de Boimorto cun apoio da Xunta de case 50.000 euros.

Belén do Campo explicou que esta actuación foi posible grazas ao convenio entre Xunta e Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico, licitación e execución das mesmas.
PUBLICIDADE
As obras consistiron na renovación da tella da cuberta, na reforma da sala de espera, da zona de pediatría e da sala de persoal, tamén levouse a cabo a creación dun tabique divisorio para independizar as caldeiras do centro de saúde e do centro de maiores e a ampliación da rampla de acceso ao centro. Belén do Campo subliñou que, tras esta intervención, mellorouse a confortabilidade do centro e optimizouse a prestación da atención sanitaria.
PUBLICIDADE
Este centro de saúde xa fora obxecto doutras obras tamén a través de convenio de colaboración e nas que se investiron un total de case 40.000 euros para a mellora da estanquidade, accesibilidade e seguridade do centro de saúde. Nestes momentos, atende a unha poboación de 1.825 veciños e conta cos servizos de Medicina de Familia, Enfermería, Pediatría, Enfermería Pediátrica, Psicoloxía e Matrona.
Comentarios