top of page

Beatriz Lareo gaña o maior lote de artigos da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda

A afortunada recibiu distintos artigos e produtos donados por un total de 16 establecementos do municipio


Laura Moure/Silleda

Onte, 26 de decembro, tivo lugar o derradeiro sorteo do Calendario de Advento, unha actividade organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) que se viña celebrando de xeito diario no local do escaparate cos agasallos donados polos membros da asociación situado no 64 da rúa Progreso de Silleda.

O sorteo de onte o era o relativo ao día 24 no que a urna estivo dispoñible ata case as doce da noite para dar opcións á xente a achegar as súas derradeiras papeletas e entrar así no sorteo final, que, como se viña anunciando, ía ser un lote máis grande do habitual.


Ás 20:30 horas comezou a retransmisión en directo desde as redes sociais da asociación silledense. "A agasallada, Beatriz Lareo, que foi chamada por teléfono unha vez tivo lugar o sorteo non daba crédito do acontecido e presentouse no local a compartir a súa felicidade e a comentar entre risas o moito que chovía o día que depositou as súas papeletas na urna", conta o colectivo.

Beatriz Lareo co seu lote de produtos e artigos.

O lote de agasallos que gañou estaba composto polos seguintes agasallos:

  • Unha empanada e unha tarta de Santiago de Panadería Mella.

  • Un acuario de Comercial González.

  • Un vale de 25 euros da Despensa de Raquel.

  • Un vale de 10 euros da Carnicería Cuíña.

  • Unha sesión de fisioterapia de Belisca Centro de Fisioterapia.

  • Unha planta de Eyo Flor.

  • Un set de accesorios de baño de Arcolar 2000.

  • Unhas gafas de Óptica Silva.

  • Unha cea valorada en 50 euros en Tapería Mirtithas.

  • Dous traxes (de bebé e de nena) de Outlet Colorín Colorado.

  • Unha cesta de doces de Confitería Tábora.

  • Un difusor de cerámica de Sargadelos de Camino Joyeros.

  • Un xogo de toallas e calcetíns de Mercería Sonia.

  • Un vale de 25 euros de Marius Closet.

  • Un vale de 30 euros de Pizzería Galega.

  • Un lote de libros de Edicións Fervenza.


"Despois do sorteo tivo lugar, segundo o previsto, a entrega dos agasallos sorteados nos 23 días previos. As agasalladas e agasallados, case todos veciños e coñecidos da vila, agardaron fóra do local a súa quenda e moitos deles posaron sorrintes co seu agasallo para un pequeno vídeo que xa está dispoñible nas redes sociais da Asociación. Con iso rematou unha das moitas actividades que forman parte da Campaña de Nadal deste ano organizada por ECOS", apunta o colectivo.

Dentro desas actividades esta mesma semana celebrarase o derradeiro xoves de CHURRECOS, no que hai centos de euros escondidos nos roscóns de Reis das panadarías, pastelarías e confitarías socias (Pastelería Arco da Vella, Pastelería Dulce Deza, Panadería Luís Paulino, Panadería Mella e Confitería Tábora) e está tamén pendente o sorteo de Reis que vai repartir miles de euros en vales de compra para mercar no comercio local entre aqueles que consigan xuntar 100 euros en tiquets de compra nos establecementos socios. "Todas estas actividades buscan premiar a fidelidade dos veciños e confianza no comercio local e poñer en valor o comercio de proximidade e o trato personal, a atención e o servicio post venta que distinguen ao noso pequeno comercio. A directiva de ECOS está satifeita co funcionamento e altísima participación desta segunda edición do calendario que funcionou de aliciente para incrementar as ventas no comercio local", recalca e ademais constanta paralelamente un incremento de seguidores nas redes sociais e tamén o seguemento dos sorteos en directo foi in crescendo desde o primeiro sorteo celebrado o día 1 de decembro.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page