Beatriz Busto, nova presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda
- Laura Moure

- 11 nov
- 1 Min. de lectura
Laura María Fernández ocupa o cargo de vicepresidenta
Laura Moure/Silleda
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda (ECOS) logrou formar unha nova directiva, "formada por xente nova e con moita ilusión de traballar por e para o pobo de Silleda", salienta o colectivo.

Así a nova directiva está formada por:
Presidenta: Beatriz Busto López da tenda “Beabë- roupa e complementos”
Vicepresidenta: Laura María Fernández López de “lambetadas LAU”
Secretaria: Yolanda López Villar da librería de Bandeira “A casiña dos contos”
Tesoureira: Tania Cuiña Gómez de “Vacaloura” estudio fotográfico
E dúas vocais: Mª Eugenia Gándara Pereira da tenda “Mariu’s Closet” e Francy Elena Contreras Gamez do bar “Avenida”
Publicidade
"Esta nova directiva está a traballar a contratempo para preparar a campaña máis exitosa de todas as que fan o longo do ano, como é a campaña de Nadal, con propostas coñecidas por todos os veciños como o calendario de Advento, e con sorteos de vales regalo para gastar nos comercios asociados, pero con aires renovados que se dirán en próximos días. Agradecemos o apoio da antiga directiva, así como do Concello e a todos os socios e socias de Ecos, e esperamos que este ano sexa un éxito como o foi ata agora", salienta a asociación.







Comentarios