top of page

Balado e Igrexas reúnense co director comercial de Binter para que esta aerolínea opere en Compostela

A presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e concelleira de Arzúa e o vicepresidente e edil de Melide mantiveron en Canarias distintas reunións


Laura Moure/Xeral

O pasado mes de abril, asinouse no Castelo de Pambre, en Palas de Rei, o irmandamento

entre a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os concellos do Camiño de Santiago en Gran Canaria. O 24 de xullo de 2026, asinábase e Gran Canaria este mesmo irmandamento cos concellos de San Bartolomé de Tirajana, Tejeda e Gáldar.

Con esta derradeira sinatura, remátanse así tódolos trámites para poder comenzar a realizar accións conxuntas en ambos territorios, o Canario e o Galego. Nos días previos a dita sinatura, a presidenta e concelleira de Arzúa, Begoña Balado, e o vicepresidente e edil de Melide, Xosé Igrexas, mantiveron unha apretada axenda de traballo. Así, reuníronse co director comercial de Binter para ver con el as posibilidades de que esta

aerolínea viaxase tamén ó aeroporto de Santiago de Compostela, dado que a maioría de canarios que fai o Camiño de Santiago escolle a esta aerolínea para viaxar.


En dita reunión, o Director Comercial de Binter, trasladoulles ós representantes da Mancomunidade que era algo que estaban a sopesar e que probablemente en setembro tomarían dita decisión.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Dende o mes de maio, Julio Mateo, tenente alcalde de Gáldar, foi o interlocutor designado polos tres municipios canarios para as comunicación coa mancomunidade no tocante ao tema deste irmandamento, co que se estivo a traballar nun planing de reunións para abordar distintos temas cos alcaldes canarios, os seu concelleiros e técnicos, que afectan a ambos Camiños, o Francés e o Camiño de Santiago en Gran Canaria.


Balado e Igrexas viaxaron a Gran Canaria, concretamente á Real Cidade de Gáldar, onde mantiveron distintas reunións con técnicos, alcaldes e concelleiros dos tres concellos canarios para abordar distintos temas que afectan a ambos Camiños.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.


"Nós vimos aquí a defender o noso Camiño, respetar o seu e a traballar con ilusión en aqueles ámbitos nos que poidamos colaborar", Balado. Tanto as propostas que se levaron dende a Mancomunidade como as que tiñan os municipios canarios, tiveron unha moi boa acollida, polo que se espera ver pronto os resultados.


Os concelleiros de Arzúa e Melide acordaron tamén cos alcaldes dos municipios canarios, non facer público o contido destas reunións, ata que as accións sexan presentadas e realizadas conxuntamente. "Esperamos recibilos pronto en Galicia e tentaremos tratalos co mesmo cariño e humanidade co que nos trataron a nós", Balado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cabe mencionar que os municipios integrantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés son:

  • Arzúa

  • Melide

  • Monterroso

  • O Pino

  • Palas de Rei

  • Paradela

  • Pedrafita do Cebreiro

  • Portomarín

  • Samos

  • Sarria

  • Triacastela

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page