Búscase a Candela, unha gatiña que desapareceu o venres na parroquia lalinense de Cercio
- ecosdacomarca
- 30 ago 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Buscan a Candela, unha gatiña que falta dende o venres. Candela está castrada e sempre andaba arredor da súa casa, na parroquia lalinense de Cercio, na zona de igrexa. É branca con manchas marróns e beige, de ollos azuis e moi mansiña. Se tedes calquera información que puidera resultar útil podedes contactar con Ecos da Comarca a través das nosas redes ou do noso correo ecosdacomarca@gmail.com A súa dona agradece a difusión.

Comments