top of page

Avanzan a bo ritmo as obras de remodelación para o novo Consistorio de Silleda

O alcalde, Manuel Cuiña, visitou os traballos, que se están a centrar nas demolicións de edificios adxacentes do recinto


Laura Moure/Silleda

As obras de reforma para a nova Casa Consistorial de Silleda, que deron comezo o pasado mes de xullo, avanzan a bo ritmo. A reforma da que foi nas últimas décadas Casa da Cultura, sita entre a rúa Progreso e a rúa Morón, é unha das obras máis destacadas desta lexislatura, cun investimento para esta primeira fase por importe de 1.628.012,83 euros. A empresa adxudicataria é a UTE formada por Orega e Coviastec, que asumiu o proxecto cun prazo de realización dos traballos de 10 meses.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, supervisou este martes os traballos que avanzan a bo ritmo, centrándose agora na demolición de edificios anexos como o da biblioteca, traballos xa rematados. “Agardamos que se poidan cumprir os prazos estipulados e que a reforma

esté lista como se prevé en abril do vindeiro ano”, explica Cuiña. O traslado e centralización de todas as dependencias municipais vén a culminar un longo proceso que se iniciou en 2017 ca consulta popular á veciñanza, a fin de unificar todos os servizos logrando un maior aforro e operatividade da Administración Local.


Nesta primeira fase dos traballos, que contan ca aportación da Deputación de Pontevedra a través do programa Reacpon, cunha achega de 713.000 euros, e da Xunta de Galicia, con outros 250.000 euros, reformarase o interior do edificio que ocupa unha parcela de algo máis de 1.000 metros cadrados de superficie. Ademais da redistribución, mellora de servizos e instalacións, o edificio recuperará a súa fachada orixinal.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nunha segunda fase está previsto acometer un novo edificio na parte traseira, onde tamén se construirá un aparcamento soterrado, con acceso dende a rúa Morón. Todos os servizos e dependencias municipais serán trasladados a esta nova e céntrica ubicación, logrando non só un maior aforro e eficiencia, senón tamén para maior comodidade da veciñanza.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page