top of page

Autorizada a adxudicación da redacción dos proxectos para construír vivenda pública en Lalín

Laura Moure/Lalín

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou na reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, que deu conta da adxudicación da redacción dos proxectos para a construción de 129 vivendas de promoción pública na Estrada, Lalín, Teo e A Coruña.

En relación ao concello da Estrada, o consello de Vipugal autorizou a adxudicación á UTE Garitaonaindia-Amenedo o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 28 vivendas, na parcela cedida polo municipio, situada na Avenida de Vigo. O importe de adxudicación será de 205.666,63 euros con IVE incluído. A estimación do investimento total nesta obra é de 5,3M€.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No concello de Lalín construiranse 17 vivendas de promoción pública nunha parcela emprazada na Rolda Leste-Agro de Lalín de Arriba. A redacción do proxecto e dirección de obra será adxudicada a Germán Gómez Espejo por importe de 118.580 euros. A estimación do investimento total nesta obra é de 3,3M€.


Tamén se autorizou a adxudicación da redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 26 vivendas de promoción pública no solo cedido polo concello de Teo na zona das Galanas. Este contrato será adxudicado a Sabin-Blanco Arquitectos S.L.P. por importe de 207.116,91 euros. A estimación do investimento total nesta obra é de 4,9M€.

Finalmente, o proxecto para a construción de 58 vivendas na parcela 5D dos Rosais, na Coruña, será adxudicado á UTE Naos 04 Arquitectos – Manuel Vázquez Muiño por importe de 369.050 euros.  A estimación do investimento total nesta obra é de 11M€.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Todos os adxudicatarios disporán dun prazo de dous meses para a redacción do proxecto básico e tres meses máis para o de execución.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page