Autocares Rías Baixas celebrou en Silleda o seu 100 aniversario
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 2 min de lectura
Alfonso Rueda destacou na cita a importancia do transporte de calidade para manter un rural vivo e dinámico
Laura Moure/Silleda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte a importancia de contar cun transporte de calidade para poder manter un rural vivo, dinámico e con oportunidades. Neste sentido, reivindicou o transporte como un servizo público esencial para fixar poboación, para que os nenos e nenas vaian ao colexio ou para ofrecer aos maiores os mesmos servizos que na cidade. Así o sinalou onte pola tarde durante a súa participación nos actos de conmemoración do 100 aniversario de Autocares Rías Baixas, que puxo como exemplo pola súa capacidade de chegar a un século de traxectoria nun sector tan cambiante e de facelo, ademais, como un referente da empresa familiar.

PUBLICIDADE

O titular do Executivo galego agradeceu o compromiso e implicación de todos os que forman parte desta empresa, que ten 22 concesións de transporte público autonómico; dá servizo ao 15% dos usuarios do transporte interurbano de Galicia (5,7 millóns en 2025); e que presta transporte escolar a máis de 100 centros.
PUBLICIDADE
Ademais, Rueda apuntou aos novos retos que afronta o sector do transporte, como o da mobilidade sostible. Valorou que as empresas galegas, como Autocares Rías Baixas, xa están traballando en adaptarse aos novos desafíos.
Por último, o presidente da Xunta reafirmou o compromiso do Goberno galego coas empresas que vertebran o territorio e xeran emprego e riqueza a nivel local, e apostou por seguir colaborando para manter un servizo de calidade en toda Galicia.
PUBLICIDADE
Autocares Rías Baixas nace do encontro de dúas familias pioneiras do transporte en Galicia: Empresa Cuiña e Transportes Mosquera: unha viaxe familiar de avós, pais e fillos, que comezou hai 100 anos. Xeración tras xeración, con esforzo e compromiso, construiron un legado que hoxe os impulsa a seguir medrando. Máis información: https://www.autocaresriasbaixas.com/historia/









Comentarios