Atopan o corpo dunha persoa no río en Carballedo, na zona onde desapareceu un mozo o 30 de marzo
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Localizado o corpo dunha persoa no río en Carballedo, na zona onde desapareceu un mozo o pasado 30 de marzo.

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) localizou esta tarde o corpo sen vida dunha persoa no río en Carballedo. Trátase da zona do encoro dos Peares, onde o pasado 30 de marzo desapareceu un mozo tras envorcar o seu caiac.
PUBLICIDADE
O achado produciuse durante un rastrexo realizado polo Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega, que colaboraba no operativo coordinado pola Garda Civil na busca da persoa desaparecida. O corpo foi avistado na beira do río, a uns 400 metros de distancia do encoro. Tras a localización, os membros do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil encargáronse das tarefas de recuperación.
PUBLICIDADE
A alerta pola desaparición do mozo activárase o pasado 30 de marzo pasadas as 16:30 horas, despois de que un particular informase do accidente. Á súa vez, este fora avisado pola outra persoa que ía no caiac, quen logrou saír da auga polos seus propios medios tras perder de vista ao seu compañeiro. Desde entón, os equipos de emerxencia traballaron intensamente nunha zona de gran complexidade debido á súa escarpada orografía.
NOTICIA RELACIONADA:
Buscan a un mozo no río Miño logo de caer tras envorcar o kaiac no que viaxaban dous compañeiros: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-un-mozo-no-río-miño-logo-de-caer-tras-envorcar-o-kaiac-no-que-viaxaban-dous-compañeiros








Comentarios