top of page

Buscan a un mozo no río Miño logo de caer tras envorcar o kaiac no que viaxaban dous compañeiros

Ecos da Comarca/Xeral

Viaxaban dous mozos, un deles puido chegar a terra e pedir auxilio para o compañeiro que non se puido manter a flote.


Pasados dez minutos das catro e media desta tarde, un particular contactaba co 112 Galicia para indicar que un rapaz lle comunicara que  tivera un accidente cun kaiac, no cal viaxaba co seu primo e que o perdera de vista logo de envorcar, preto do encoro dos Peares, en A Carballeira, A Cova, no concello lucense de Carballedo.


Con estes datos, desde o 112 Galicia activouse decontado un operativo no que ademais de ser informados o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia -061 participan os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Chantada, o GES de Ribadavia cunha embarcación e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil. Do mesmo xeito puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte e de Ourense e dos efectivos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Saviñao e de Monforte de Lemos, que tamén se dirixen ao punto cunha embarcación. Ademais, súmase á procura un dron e cámara térmica dos Bombeiros de Ourense.

 PUBLICIDADE

Segundo a información recibida pola Garda Civil, os mozos saíron co kaiac do embarcadoiro de Peares, subiron ao río e cando volvían tiveron o accidente.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os Bombeiros de Chantada, alí no punto,  comunican as dificultades que presenta o terreo, que  é impracticable dende terra, a orografía é moi pendente e arriscada, polo que, só ven viable o uso de medios acuáticos e aéreos para a busca e rescate.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page