top of page

Atopan con vida ao octoxenario desaparecido en Santiago de Compostela

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Os servizos de emerxencias deron co octoxenario que desaparecera o pasado xoves cando non voltara á súa vivenda situada na parroquia de Laraño, en Santiago. O 112 Galicia tivo coñecemento da aparición do home ás 18:30 horas da tarde, e segundo a información recibida, foi achado nunha zona próxima á súa vivenda, nunha pista que derivaba ao monte, a uns 150 metros da autovía.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Para prestarlle asistencia sanitaria ao home, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xa que aínda que estaba consciente, o octoxenario atopábase moi débil.


Cabe destacar, que o 112 Galicia foi coñecedor da desaparición do mesmo o pasado xoves ás 21:45 horas. Así, formouse un operativo de busca no que participaban a Garda Civil, a Policía Nacional e Local, os efectivos de Protección Civil, a Unidade Canina do GES de Brión e os cans de rescate e salvamento de Galicia (CASAGA).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores, desde esta mañá, unha dotación do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA especializado no manexo de drons, tamén colaboraba cos axentes na busca.


NOTICIA RELACIONADA:


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page