top of page

Asinado o acordo de patrocinio do Concello de Silleda co piloto Cristian Costoya

A alcaldesa rubricou con Marcos Costoya, pai do xoven piloto, o convenio, por

importe de 10.000 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa apostando polo apoio ao deporte. Así, a alcaldesa, Paula Fernández, vén de asinar co pai do xoven piloto Christian Costoya, un acordo de patrocinio polo que o Concello de Silleda aportará 10.000 euros que axudarán a este prometedor deportista a participar esta tempada en distintas competicións a nivel

mundial.

Con tan só 13 anos, Costoya conta xa cun envidiable palmarés na súa carreira, que iniciou

con 4 anos. En outubro do pasado ano proclamouse subcampión do mundo de karting na

categoría OK Junior. Ten participado en probas como a final do Rotax Max Challenge, en Nápoles, en 2019 logo de facelo o ano anterior en Brasil. Ao día seguinte de cumplir os 6 anos, logrou a súa primeira victoria absoluta, Pole e volta rápida na categoría alevín do campeonato galego, no que competiu con rivais de ata 11 anos. En 2019 foi elixido tamén o mellor piloto español do ano polos lectores do portal especializado Vroom, cando se fixo tamén co Trofeo Ibérico RotaX Micro e o de Portugal, dándolle este último o seu pase á final de Brasil.


Membro do Parolin Motosport, comezou este ano a disputar as rondas da WSK Champións

Cup e Master Series, en probas disputadas en varios circuitos de Italia. O vindeiro mes de

abril estará en Val d’Argenton (Francia), no campeonato europeo.


Publicidade

“Somos conscientes de que neste tipo de competicións as cuestións económicas son claves para participar ou non. Ademais diso, estamos convencidos de que Christian Costoya continuará colleitando novos éxitos e triunfos na súa carreira”, indica a alcaldesa, Paula Fernández. O orzamento estimado que o deportista presentou para esta tempada, na que Costoya volverá a estar presente en varias competicións (WSK, Champions of the future, European and World Championship), supera os 50.000 euros. Con esta aposta, o Concello de Silleda súmase ao resto de entidades e institución patrocinadoras que están a apoiar a carreira deste xovencísimo piloto.


Pola súa banda, Marcos Costoya, pai do xoven piloto, amosou o seu agradecemento ao

Concello de Silleda por este apoyo que lle permitirá continuar esta tempada coa competición.Subtítulo. Calibri 14 Italic



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page