top of page

Asier Polo Abad presenta a súa candidatura á Alcaldía de Melide

hace 9 horas
2 min de lectura

A reapertura da piscina municipal, o solo industrial, a mellora dos servizos e novas

oportunidades para a mocidade sitúanse entre as súas prioridades


Ecos da Comarca/Melide

Asier Polo Abad presentou este sábado a súa candidatura á Alcaldía de Melide polo Partido Popular ante centos de veciños e veciñas que ateigaron o Restaurante Codeseira. Baixo o lema «Un Novo Camiño», Polo deu a coñecer un proxecto co que pretende abrir unha nova etapa para o municipio baseada "na proximidade, a renovación e a xestión".

"Non o fago por un cargo nin por unha mera ambición persoal. Fágoo por un proxecto e

polo enorme desexo de poder mellorar a vida da nosa xente", afirmou durante a súa

intervención.


Polo defendeu unha candidatura aberta e transversal, capaz de incorporar persoas de

diferentes xeracións, sectores e sensibilidades, e convidou os veciños a participar na

construción do proxecto achegando ideas, preocupacións e propostas. "Aquí cabemos

todos", asegurou.


Entre as prioridades avanzadas polo candidato figuran a mellora dos servizos públicos, a

recuperación e posta en valor das instalacións municipais, a ampliación da oferta de

Formación Profesional, o apoio ao comercio e aos autónomos, unha maior atención ás

parroquias rurais e o reforzo das alternativas deportivas, culturais e de lecer.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Polo sinalou especificamente como retos para Melide a reapertura da piscina municipal, a

dispoñibilidade de solo industrial e a creación das condicións necesarias para atraer

novos investimentos e empresas, ademais de xerar oportunidades para que a mocidade

poida desenvolver o seu futuro no municipio.


O candidato comprometeuse cunha política municipal baseada na proximidade e no traballo diario. "Non pretendo prometer solucións máxicas. Sinxelamente comprométome a

traballar, a escoitar e a dar a cara por este concello", afirmou.


Polo insistiu tamén en que o proxecto non nace para "insultar, crispar nin enfrontarse a

ninguén", senón para "propoñer, convencer, gañar e gobernar".


Tellado destaca a decisión de Polo de quedar en Melide

Na presentación participaron o secretario xeral do PP, Miguel Tellado; o presidente provincial do partido, Diego Calvo; e Ánxeles Vázquez, xunto con representantes

municipais e do Partido Popular da comarca.


Tellado revelou que lle ofrecera a Polo a posibilidade de incorporarse ao equipo do PP en Madrid, pero que este decidiu permanecer en Melide para asumir o reto municipal. "Cando

alguén pode optar por un camiño fácil ou polo difícil e elixe o difícil, esa persoa vale a

pena. E ese é Asier", afirmou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Pola súa banda, Ánxeles Vázquez destacou a preparación e o compromiso de Polo con Melide, mentres Diego Calvo puxo en valor a renovación do PP local e defendeu unha política municipal próxima, baseada en escoitar os veciños e buscar solucións aos seus

problemas.


Asier Polo pechou a presentación resumindo nunha frase o espírito co que inicia esta nova

etapa: "O de menos son eu e o de máis sempre é Melide".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page