top of page

Asetem pon en marcha a nova edición da campaña Volta ao Cole con vales, agasallos e unha festa infantil

2 sept
2 min de lectura

Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide pon en marcha a nova edición da campaña Volta ao Cole con vales de compra, diferentes agasallos e a gran festa infantil.

Un ano máis, o tecido asociativo da vila lanza esta actividade para promocionar nos

establecementos de proximidade as vendas do material de papelería, roupa, calzado e demais artigos necesarios para o regreso ás aulas. En definitiva, reforzar a idea de que no comercio local do municipio atoparás todo o necesario.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Para impulsar as compras nas tendas asociadas a Asetem, con tíckets iguais ou superiores a 100 euros as familias recibirán vales de compra de 6 ou 10 euros, dependendo do número de membros da unidade familiar (no caso das familias numerosas deberán aportar o certificado ou tarxeta acreditativa). Os tíckets deben ser do período de duración da campaña de Volta ao Cole, é dicir, do 1 ao 1 ao 25 de setembro de 2026. As familias deben entregar os tíckets nas oficinas de Asetem, situadas na Rúa Lino Sexto, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Os vales de compra irán a través da App de Asetem e as familias terán o prazo dun mes (dende que se entreguen os tíckets) para gastalos. Ademais do vale de compra, as familias que entreguen os seus recibos tamén recibirán un regalo relacionado co regreso aos centros educativos e unha entrada para a gran festa infantil que se celebrará o venres 25 de setembro. Como xa é habitual, o lugar escollido para a festa é o Parque Rosalía de Castro ou, en caso de choiva, o Pazo de Congresos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page