Asetem pon en marcha a campaña “O comercio que coida” para dinamizar o comercio local
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Todas aquelas persoas que fagan unha compra en Melide cun importe mínimo de 15 euros poderán participar nun sorteo de 4 vales de 50 euros en carburante
Laura Moure/Melide
A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide(Asetem) pon en marcha a campaña “O comercio que coida”, unha iniciativa de dinamización do comercio local que se desenvolverá do 5 ao 18 de marzo de 2026 nos comercios e establecementos asociados.

A campaña está dirixida a todas as persoas, maiores de idade, que realicen compras nos establecementos participantes durante o período indicado. Todas aquelas persoas que fagan unha compra cun importe mínimo de 15 euros poderán participar nun sorteo de 4 vales de 50 euros en carburante, que se poderán gastar nas Estacións de Servizo asociadas.
Publicidade
Para entrar no sorteo, será necesario subir o tícket de compra á App de Asetem, entre o 5 e o 18 de marzo. Entrarán automaticamente no sorteo todos os tíckets válidos rexistrados na aplicación durante ese prazo de tempo.
Baixo o lema “O comercio que coida”, a campaña quere poñer en valor non só o papel económico do comercio local, senón tamén o seu carácter social e humano. Por este motivo, os vales de carburante concíbense como un agasallo simbólico: as persoas premiadas poderán regalar o vale á persoa que consideren, recoñecendo así a quen coida de maneira incondicional no día a día.
PUBLICIDADE
Desde Asetem destacan que esta acción busca reforzar os vínculos entre o comercio de proximidade e a veciñanza, fomentando o consumo local e premiando a fidelidade das persoas consumidoras.








Comentarios