Asetem lanza a campaña Volta ao Cole con vales de compra, agasallos e unha gran festa infantil
- Laura Moure
- hace 5 horas
- 2 Min. de lectura
Será do 1 ao 26 de setembro
Laura Moure/Melide
A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide pon en marcha a nova edición da campaña Volta ao Cole con vales de compra, diferentes agasallos e a gran festa infantil. Un ano máis, o tecido asociativo da vila lanza esta actividade para promocionar nos establecementos de proximidade as vendas do material de papelería,
roupa, calzado e demais artigos necesarios para o regreso ás aulas. En definitiva, reforzar a idea de que no comercio local do municipio atoparás todo o necesario.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
Para impulsar as compras nas tendas asociadas a Asetem, con tíckets iguais ou superiores a 100 euros as familias recibirán 6 ou 10 euros, dependendo de se son unidade familiar numerosa ou non (no caso das familias numerosas débese aportar o certificado ou tarxeta). Os recibos deben ser do período de duración da campaña de Volta ao Cole, é dicir, do 1 ao 27 de setembro. As familias deben entregar os tíckets nas oficinas de Asetem (rúa Lino Sexto, 7) en horario de 9:00 a 14:00 horas. A maiores do vale de compra as familias que entreguen os seus recibos tamén levarán un agasallo relacionado co regreso aos centros educativos e unha entrada para a gran festa infantil.
Esta festa terán moitas novidades este ano para que sexa unha experiencia inesquecible
para as nenas e nenos da comarca. Como xa é habitual, o lugar escollido para que os nenos desfruten desta festa, que se celebrará o venres 27 de setembro, será o Parque Rosalía de Castro ou, en caso de choiva, no Pazo de Congresos.
Publicidade
Ao igual que o ano pasado, os vales de compra canxearanse a través da APP de Asetem no prazo dun mes dende o día da entrega dos tíckets.
Dende a directiva da Asociación empresarial queren animar a toda a veciñanza a mercar os produtos necesarios para a Volta ao Cole no comercio local. Ademais, "queremos darlles os parabéns ás gañadoras do concurso que deseñaron uns carteis moi bonitos para esta campaña tan especial para eles", indican dende o equipo directivo.

Comentarios