top of page

Asetem e o Concello de Melide animan o Samaín no comercio local con lambetadas e sorteos

hace 3 días
1 min de lectura

A campaña desenvolverase do 30 de outubro ao 1 de novembro


Laura Moure/Melide

O comercio local da Terra de Melide prepárase para celebrar o Samaín cunha nova iniciativa de dinamización impulsada por Asetem, Asociación de Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello de Melide, baixo o lema «O Samaín no comercio local». A campaña combinará o reparto de lambetadas para os máis pequenos nos establecementos asociados, sorteo de vales de compra e unha proposta participativa nas redes sociais para animar as familias asociadas ás ANPA O Forte (do Nº1) e Martagona.

A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. Na tarde do venres 30, os nenos e nenas poderán acudir disfrazados aos comercios adheridos a Asetem para recibir lambetadas. Os establecementos participantes estarán identificados con globos negros, facilitando así que a clientela poida recoñecelos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A campaña tamén busca incentivar as compras nos establecementos asociados durante esta fin de semana, polo que as persoas que merquen nos establecementos asociados

poderán participar no sorteo de 4 vales de 50 euros. Para entrar no sorteo será preciso

subir unha foto do tícket á App de Asetem.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A maiores, as persoas socias das ANPA poderán subir ás redes sociais unha foto con temática do Samaín, etiquetar a Asetem e entrar nun sorteo de 150 euros.


Os sorteos realizaranse o martes 3 de novembro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page