Asetem convoca o concurso de debuxo 'Volta ao Cole' para nenos e nenas de 3 a 16 anos
Laura Moure/Melide
A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide convoca unha nova edición do concurso de debuxo Volta ao Cole, unha iniciativa que une a creatividade dos máis novos co apoio ao comercio local. O prazo de participación está aberto dende onte, día 10, ao 23 de agosto de 2026.

PUBLICIDADE
O concurso está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e consiste en enviar un debuxo relacionado cos establecementos de proximidade e o regreso aos centros educativos. A liberdade creativa é total, aínda que se houbese algún texto no debuxo, este deberá estar en galego e cada obra deberá ir acompañada do nome e apelidos do autor ou autora e do número de teléfono da titora ou titor.
PUBLICIDADE
Os debuxos poden enviarse ao correo info@asetem.com , ao WhatsApp do número 698 13 23 24, ou entregarse de xeito presencial nas oficinas de ASETEM en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, ou depositándoos na caixa de correo da porta.
PUBLICIDADE
O concurso estrutúrase en tres categorías por idades: de 3 a 6 anos, de 7 a 11 anos e de 12 a 16 anos. En cada unha delas escollerase o mellor cartel, valorado por un xurado formado por unha persoa da Asociación e dúas responsables de comercios locais. As persoas gañadoras de cada categoría recibirán un lote de produtos para a volta ao cole.










Comentarios