top of page

ASETEM – CCA celebra os Días Brancos e a Noite Aberta o 17 e 18 de xuño

O venres terá lugar un "gran sorteo" que contará coa presenza da cantante Tania Veiras


Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios da Terra de Melide celebra os Días Brancos durante os días 17 e 18 de xuño, sendo o venres a tradicional Noite Aberta. Nesta campaña participan 26 comercios asociados que son: Leivamotosport, Romero Zapaterías, Óptica Tábora, Meixela, Mis Mejores Labores, Colorín Colorado, Parafarmacia Ulloa, Electrosan, Sakho Moda, Mercería Isabel, Melimática, Zapatería Pequeniños, Toysmaniatic, Óptica Affleou Melide, M&M Moda, Marvi, Pasarela Moda, Xoería Roval, Zapatería Broz, Salacadula Shop, Sueños, El Dándolo, Noguerol Cocina y Baño, Xoiería Oro ley, Creaciones MJ e Muxica Tenda Xoven.

Estes establecementos contarán con descontos especiais e con papeletas para participar no gran sorteo da Noite Aberta de ASETEM. Este sorteo será o venres 18 ás 22:30 horas, no Cantón de San Roque, e contará cunha boa mestra de cerimonias, a cantante e presentadora Tania Veiras. Neste evento sortearase unha escapada rural de fin de semana para dous de Zafiro Tours, tres lotes de queixo Arzúa-Ulloa (grazas á colaboración da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa), diversos vales de compra para gastar nos establecementos participantes e máis agasallos.


O horario das tendas durante estes días será: o xoves pola tarde, de 16:30 a 20:30

horas; o venres pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e a continuación, de 16:30 a 22:00

horas. Ademais, para facer destas xornadas unha actividade máis dinámica e divertida haberá animación nas rúas tanto para os máis pequenos como para os adultos.


Esta iniciativa ten como finalidade promover e impulsar o comercio local melidense

xusto ao comezo do verán así como animar á poboación a mercar nos establecementos

da vila.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page