As XXII Xornadas de Limpeza do río Furelos e os seus afluentes serán o 29 de agosto e o 5 e 12 de setembro
- Laura Moure

- hace 4 días
- 1 min de lectura
Laura Moure/Melide
A Asociación de Troiteiros Río Furelos–Melide xa ten en marcha unha nova edición das súas tradicionais Xornadas de Limpeza do río Furelos e os seus afluentes, unha iniciativa que este ano alcanza a súa XXII edición e que volverá reunir a persoas voluntarias comprometidas coa conservación dos ríos e do medio natural.

As xornadas desenvolveranse en tres datas: 29 de agosto, 5 e 12 de setembro, con diferentes actuacións destinadas á retirada de residuos e lixo acumulado nos cursos fluviais e nas súas contornas.
PUBLICIDADE
Desde a organización animan á veciñanza a participar nesta actividade de carácter ambiental e lembran que o único que é necesario levar son unhas botas, xa que o resto do material necesario para realizar os traballos será proporcionado pola organización.
As persoas interesadas en colaborar poden anotarse chamando ao teléfono 696 607 348 ou a través da páxina web www.riofurelos.es. Tamén poden consultar información e novidades no perfil de Facebook Troiteiros Furelos.
PUBLICIDADE
As XXII Xornadas de Limpeza contan coa colaboración do Concello de Melide, a Xunta de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, o Servizo de Patrimonio Natural e a Deputación, sumando esforzos para contribuír á conservación e protección dos ecosistemas fluviais da comarca.
PUBLICIDADE
Unha nova oportunidade para poñer en valor o río Furelos e lembrar que a conservación dos espazos naturais é unha responsabilidade compartida.










Comentarios