top of page

As mulleres lideran o uso de internet e dispositivos electrónicos en Galicia

A actividade dixital feminina supera á masculina a partir dos 45 anos, con diferenzas de ata 3,9 puntos nas franxas de maior idade


Laura Moure/Xeral

Galicia consolida a ausencia de fenda dixital de xénero que acadou hai 5 anos e mantén o avance das mulleres no uso de internet e dispositivos electrónicos, rexistrado no últimos anos. Así se desprende do Informe Mulleres en Dixital: O uso das TIC desde unha perspectiva de xénero 2025, elaborado polo Observatorio da Sociedade da información (Osimga).

O estudo sinala que mulleres e homes amosan uns niveis de uso de dispositivos electrónicos practicamente idéntico, aínda que a porcentaxe de mulleres que empregan estes dispositivos sitúase no 96,4 %, 1 punto máis que os homes. Unhas cifras similares ás do uso de internet, que en Galicia empregan o 94,3 % das mulleres, 8 décimas máis que os homes.


Dispositivos electrónicos e internet

Por idades, non hai diferenzas no uso de dispositivos electrónicos entre homes e mulleres, que é practicamente universal ata a franxa dos 44 anos en adiante, idade na que as mulleres amosan unha maior activade dixital que os homes con diferenzas de ata 3,9 puntos entre os 65 e os 74 anos. Este patrón repítese no uso de internet cun acceso similar ata os 44 anos, idade partir da cal as mulleres superan aos homes con diferenzas de entre 1,5 e 2,4 puntos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Usos de internet

Respecto ao o uso de internet, o 93,5 % das mulleres galegas usan a rede para telefonar ou realizar videoconferencias, 1,2 puntos máis que os homes. Tamén son as que máis empregan a rede para concertar citas médicas, con máis de 9 puntos de diferencia respecto aos homes. E adoitan realizar máis aprendizaxe online, cunha diferenza de 3,5 puntos, segundo este último estudo.


Comercio electrónico e administración dixital

En canto ao comercio electrónico, o 67 % das mulleres e o 67,7 % dos homes compran por internet. Sen embargo, entre os menores de 55 anos, son as mulleres as que recorren máis á adquisición de bens ou servizos en liña. De feito, na franxa de idade entre os 16 e os 24 anos, o 82,7 % das mulleres mercan a través da rede fronte ao 77,1 % dos homes. Esa diferenza mantense en maior ou menor media nas seguintes franxas de idade e invértese nos grupos de 55 a 74 anos, nos que os homes empregan o comercio electrónico cunha frecuencia que supera en máis de 3 puntos ás mulleres.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

As mulleres tamén superan nun punto aos homes na interacción coas Administracións Públicas. O 87,1 % das mulleres galegas recorren á xestión online para este tipo de trámites fronte ao 86,1 % dos homes.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page