top of page

As inscricións para cursos de natación en Silleda e na Bandeira, a partir do mércores día 1 ás 12:00 horas

As clases, para a rapazada a partir de 5 anos, e para persoas adultas, iniciaránse o luns día 6

Laura Moure/Silleda

As piscinas municipais de Silleda, con dous recintos en Silleda e na Bandeira, abrirán ao público como vén sendo habitual o vindeiro martes día 1. Ese mesmo día, a partir das 12:00 horas, xa se poderán realizar tamén as inscricións para os cursos de natación co propio persoal de socorrismo, tanto nas piscinas de Silleda como nas da Bandeira.


O horario dos cursos será como nos últimos anos pola mañá dende as 12:00 horas e establecerase en función do número de quendas necesarias para a realización dos mesmos. Ao igual que o ano pasado, tamén se ofrecerán cursos de ximnasia na auga

para persoas adultas.

Os cursos infantís están destinados á rapazada a partir de 5 anos e as clases comezarán a partir da seguinte semana.


O prezo dos cursos é -no caso de persoas abonadas- de 3 euros ao mes en infantil e 9 euros para persoas adultas. Os que non dispoñan de bonos pagarán 20 euros/mes. Estes bonos, para todo o verán, xa se están a vender nas dependencias do Concello de Silleda, (planta baixa) dende o pasado luns.

PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.


Así mesmo, as persoas que estean empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Por cada persoa que figure como titular da familia abonaránse 10 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, o segundo paga 8 euros, e a partir do terceiro fillo, este último non pagará.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Horario de apertura

As piscinas de Silleda e da Bandeira abrirán ao público a partir das 14:30 e ata as 20:30 horas, de luns a venres. Os sábados, domingos e xornadas festivos, o horario será de 15:00 a 20:30 horas.


O custe da entrada ao recinto será de 1 euro por día, tal e como recolle a ordenanza da taxa polo uso de instalacións deportivas, e abonarase nas propias instalacións.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page