As dúas esculturas románicas expoliadas do tímpano de Carboeiro xa están de volta en Galicia
- Laura Moure

- hace 39 minutos
- 3 Min. de lectura
A Xunta exporá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as pezas escultóricas
Laura Moure/Silleda
Este venres celebrouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago a entrega das
dúas esculturas románicas que foron expoliadas do tímpano da porta occidental do Mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro, en Silleda, e que voltaron a Galicia despois de case setenta anos fóra. A Xunta exporá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as pezas escultóricas.
A Xunta de Galicia exhibirá no Museo das Peregrinacións e de Santiago as dúas pezas escultóricas pertecentes ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro que se atopaban no Museu Frederic Marès de Barcelona. Así o anunciou onte o conselleiro de Cultura, Ligua e Xuventude, José López Campos, quen, xunto co concelleiro de Cultura e Industrias Creativas do Ajuntament de Barcelona, Xavier Marcé, celebrou “o regreso a Galicia” destas dúas pezas mediante un préstamo de larga duración.
“Estamos ante un momento histórico no que demostramos que cumprimos coa palabra dada de poñer a disposición de todos os galegos e galegas estas dúas pezas”, salientou o conselleiro durante a presentación dos relevos pétros no Museo das Peregrinacións e de Santiago xunto co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. Ademais, estiveron acompañados polo director do Museu Frederic Marès, Salvador García Arnillas; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director xeral do Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes.

Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, o regreso das figuras é posible grazas ao acordo acadado co Ajuntament de Barcelona, titular do Museu Frederic Marès e propietario destas dúas pezas despois de que en 1980 fosen adquiridas a un coleccionista privado. Así, ao abeiro desta colaboración, ambas as dúas esculturas serán cedidas ao Goberno galego durante un período de dez anos prorrogables por outros tantos. Neste senso agradeceu a colaboración da Administración de Barcelona para “traer á casa dúas pezas imprescindibles do tímpano principal do Mosterio de Carboeiro, unha das xoais do románico galego”.
Así mismo, López Campos precisou que estas dúas figuras serán exhibidas de xeito permanente no Museo das Peregrinacións e de Santiago para dar cumprimento ao comodato asinado co Ajuntament de Barcelona e manter “os mesmos criterios de seguridade, conservación, custodia e exposición que teñen no Museu Frederic Marès”.
Publicidade
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura e Industrias Creativas do Ajuntament de Barcelona, Xavier Marcé, destacou que o préstamo “responde a un acordó entre dúas administracións públicas baixo o principio de lealdade institucional”. “Desde un primeiro momento tivemos a vontade de facer posible un acordó satisfactorio para ambas as dúas partes”, apuntou antes de sinalar que “o establecemento dun depósito de longa duración permite que as pezas se amosen nun museo de titularidade pública en Galicia, ao alcalnce da ciudadanía, en condicións de conservación e seguridade axeitadas”.
Compromiso co patrimonio galego
O conselleiro López Campos lembrou que o Goberno galego iniciou hai tres anos os traballos e contactos para a recuperación das tallas pertencentes ao tímpano da portada da porta occidental da igrexa de San Lourenzo de Carboeiro. “Desde aquela non desistimos na posibilidade de que as pezas regresasen a Galicia nin no noso compromiso co patrimonio galego”, apuntou.
Publicidade
Neste punto, o conselleiro de Cultura tivo tamén palabras de agradecemento á “importante contribución” das investigacións do historiador Francisco Prado-Vilar, quen aportou documentación imprescindible “para coñecer a historia destas pezas e conseguir que hoxe estean accesibles para toda a cidadanía nun museo galego”.
A recepción das pezas —unha que representa a Cristo en Maxestade e outra cos símbolos dos evanxelistas San Xoán e San Lucas— é un paso fundamental, sinala o Concello de Silleda, no proceso iniciado para que estas obras de arte románicas regresen definitivamente ao seu espazo histórico no mosteiro, onde nunca deberían saír. Paula Fernández, alcaldesa deste municipio, que acudiu ao acto xunto coa concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, destacou que “hoxe se dá o primeiro gran paso para que se cumpra plenamente a devolución destas pezas ao seu lugar orixinal, no Mosteiro de Carboeiro, de onde nunca deberon saír” e destacou ademais que o logro é é froito da cooperación institucional e do diálogo entre administracións”.
Fernández subliñou ademais que “este regreso non só restituye patrimonio material, senón tamén o valor cultural e simbólico que estas esculturas representan para todos os silledenses e para o conxunto de Galicia”.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

“A recuperación destas pezas é unha vitoria compartida, fraguada grazas ao traballo conxunto entre administracións, expertos como Francisco Prado Vilar e institucións culturais. Este é un momento de orgullo que nos anima a seguir defendendo e poñer en valor o noso patrimonio para as xeracións futuras e que debe de continuar coa aposta pola musealización de Carboeiro para permitir que as pezas volten e conclúa este caso de xustiza patrimonial”, engadiu.








Comentarios