As consultas médicas do ambulatorio de Arcediago trasladaranse a Visantoña por mor das obras
Ecos da Comarca/Santiso
O Concello de Santiso informa dunha modificación temporal na atención sanitaria do centro de saúde de Arcediago debido á realización de obras nas instalacións.

PUBLICIDADE
Segundo comunicou o Concello, dende este venres, 13 de novembro, as consultas médicas que estaban previstas no centro de saúde de Arcediago realizaranse no centro de saúde de Visantoña.
PUBLICIDADE
O cambio manterase ata novo aviso, polo que se informa á veciñanza afectada para que teña en conta esta modificación á hora de acudir á súa consulta.









Comentarios