top of page

As bandas de música de Agolada, Lalín e Vilatuxe reciben axudas da Deputación de Pontevedra

“Unha nova liña de axudas que revalida o noso firme compromiso co tecido asociativo, verdadeiros dinamizadores, neste caso, culturais da nosa provincia”, remarca Luis López


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra acaba de probar destinar 120.000 €, un 20% máis que en 2024, a 29 escolas de música de asociacións sen ánimo de lucro de 21 concellos da provincia. O presidente provincial remarcou que se trata dunha “liña de axudas que revalida o firme compromiso do goberno da Deputación co tecido asociativo, verdadeiros dinamizadores, neste caso, culturais da nosa provincia”.

ree

Con estes recursos, que oscilan entre os 2.500 e os máis de 5.100 € por entidade e foron distribuídos por concorrencia competitiva, as entidades sen fins de lucro con escolas de música poderán financiar, entre outros asuntos, gastos de persoal e de material de oficina, subministracións, reparación e conservación dos seus locais, reparación de instrumentos, primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría e tamén gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. 


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Benefícianse desta liña de axudas provinciais a Asociación Amigos Banda de Música de Agolada, a Asociación Cultura e Xuventude de Barro, a Unión Cultural de Campo Lameiro, a Asociación Xuvenil Cultural Staccato de Cangas do Morrazo, a Banda de música Unión Musical de Tenorio en Cerdedo Cotobade, a Agrupación Musical Vincios de Gondomar, a Asociación Cultural Banda de Música de Vilatuxe de Lalín, a Banda de Música de Lalín, a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso en Mos, a Banda de música de Rubiós das Neves, a Asociación Banda Xuvenil de Xinzo en Ponteareas, a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns de Ponteareas, a Asociación Música Cultural San Martiño de Salcedo en Pontevedra, a Asociación Cultural e Social de Chapela en Redondela, a Agrupación Musical do Rosal, a Asociación de Amigos da Música de Salceda de Caselas, a Asociación Unión Musical de Salvaterra de Miño, a Asociación Musical Artística de Arcade en Soutomaior, a Asociación Sociocultural de Goián en Tomiño, a Asociación Banda de Música Popular de Tui, a Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia de Vigo, a Asociación Banda de Musica Unión Musical de Valladares en Vigo, a Asociación Veciñal Val do Fragoso de Vigo, o Ateneo Musical de Bembrive en Vigo, a Banda Escola de Música de Beade en Vigo, a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Vigo, a Unión Musical de Coruxo en Vigo, a Escola de Música de Vilaboa e a Asociación Pro Escola de Música de Vilanova de Arousa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page