top of page

As Anpas dos centros educativos de Vila de Cruces convocan unha manifestación para o 6 de maio

Reivindican distintas melloras para conseguir unhas "aulas dignas e unha ensinanza de calidade"


Laura Moure/Vila de Cruces

As ANPAS do CEIP Nosa Señora da Piedade, do CEIP Cerdeiriñas de Piloño e do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces convocan unha manifestación o vindeiro 6 de maio ás 19:00 horas, cun percorrido que partirá do IES Marco do Camballón e rematará na Praza do Concello. A mobilización faise baixo o lema de reclamar “aulas dignas e unha ensinanza de calidade”.

Os colectivos organizadores queren visibilizar as carencias que afectan aos centros educativos do municipio e trasladar á administración unha serie de demandas urxentes:


Demandas ANPA CEIP Nosa Señora da Piedade:

  • Unificación do centro.

  • Ampliación das instalacións para garantir espazos seguros, funcionais e adaptados ás necesidades educativas.

  • Mellora das ratios alumnado-profesorado para elevar a calidade do ensino.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Demandas ANPA Paxariñas do CEIP Cerdeiriñas de Piloño:

  • Mellora das infraestruturas.

  • Cobertura inmediata das baixas do profesorado.


Demandas ANPA IES Marco do Camballón:

  • Revisión do horario lectivo.

  • Incremento e estabilidade do profesorado.

  • Mellora dos cargos directivos.

  • Reforzo das titorías.

  • Maior atención á diversidade.

  • Melloras nas infraestruturas.


 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.
  • Redución das ratios alumnado-profesorado.

  • Avance na especialización docente.

  • Regulación e mellora das condicións do profesorado substituto.


As ANPAS fan un chamamento á participación de toda a comunidade educativa e da veciñanza para “defender un ensino público de calidade e con recursos suficientes”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page