top of page

Arzúa, O Pino, Lalín, Silleda, Cruces e Melide reciben axudas para promover a nosa lingua

A achega responde ao compromiso do Goberno autonómico co impulso de iniciativas a prol do galego por parte das entidades locais en liña co Plan de normalización


Laura Moure/Xeral

A Xunta colaborará con 79 concellos, destes seis das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, no desenvolvemento de accións vencelladas á promoción da lingua a través da liña de subvencións, dotada con 350.000€, destinada a fomentar servizos lingüísticos nas entidades locais e nas agrupacións de municipios.

Así, o Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución destas axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude respondendo ao seu compromiso co apoio á normalización lingüística a nivel local, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua e na actualización do Plan de normalización da lingua galega. Deste xeito, o Goberno autonómico apoia a posta en marcha e mellora dos servizos neste eido nos distintos concellos, tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto mais directo coa cidadanía.


Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa benefícianse os Concellos de:

  • Concello do Pino: programas de dinamización lingüística: 2.648,85 euros

  • Concello de Melide: mantemento ou reforzamento dun servizo: 5.566,77 €

  • Concello de Vila de Cruces: programas de dinamización lingüística: 2.726,58 €

  • Concello de Silleda: programas de dinamización lingüística: 2.852,15 €

  • Concello de Arzúa: mantemento ou reforzamento dun servizo: 5.841,82 €

  • Concello de Lalín: programas de dinamización lingüística: 3.575,65 €

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As partidas irán destinadas á creación e posta e marcha dun servizo lingüístico, habilitando deste xeito un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os seus ámbitos de actuación, tanto a nivel interno como externo. A achega tamén será aplicable cando se trate de manter un servizo xa existente, centrándose neste caso en reforzar as súas iniciativas e á incorporación de máis persoal técnico para atender mellor ás necesidades.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Deste xeito, ao abeiro destes servizos, desenvolveranse proxectos que impliquen a realización de accións e campañas de dinamización lingüística, ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais. A isto engádeselle o reforzo da formación lingüística, impulsando cursos formativos de lingua galega coa implicación do propio persoal técnico dos concellos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page