Arzúa lanza a campaña 'Agasalla en galego' para promover o uso da lingua de cara ao Nadal
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Normalización Lingüística, vén de poñer en marcha Agasalla en galego, unha campaña destinada a reforzar a presenza da lingua galega no comercio de proximidade coincidindo co Nadal, un dos períodos de maior actividade comercial do ano.

Publicidade
Ao longo dis vindeiros días distribuiránse colantes con lendas en galego para decirar os agasallos deste Nadal, e seguir empregándose noutras datas. O reparto farase entre os comercios do municipio, con diferentes deseños que poñen en valor expresións propias da nosa lingua e elementos da cultura popular galega. O obxectivo é facilitar que os negocios incorporen o galego na súa comunicación diaria dun modo visual e sinxelo.
Publicidade
A concelleira de Normalización Lingüística, Lucía López, salienta a importancia desta acción municipal: “Agasalla en galego é unha campaña sinxela, pero cunha mensaxe moi importante: cando agasallamos en galego Arzúa obtén un beneficio dobre. Por unha banda, reforzamos a economía local apostando pola nosa lingua propia, o galego; e por outra, contribuímos a normalizar a súa presenza en espazos que historicamente lle foron negados, como son o comercio e os ámbitos de negocio. O galego é a nosa lingua propia e ten que estar presente en todos os ámbitos da nosa vida social, apostar polo galego é apostar polo noso, igual que cando escollemos o comercio local”.








Comentarios