top of page

Arzúa dálle a benvida ao Nadal este venres cun acto público na Casa de Correos

Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa organiza este venres, 5 de decembro, ás 19:00 horas, o acto público de benvida ao Nadal, unha cita aberta á veciñanza que terá lugar no Xardín da Casa de Correos.

ree

O evento contará cunha decoración especial elaborada polo alumnado do CEIP de Arzúa, que encherá o espazo de cor e imaxinación, convertendo o xardín da antiga Casa de Correos nun espazo cheo de espírito navideño para desfrute de toda a veciñanza.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A música tamén será protagonista da tarde coa interpretación de panxoliñas a cargo do grupo “Catro nun zoco”, que amenizará a velada cun repertorio propio destas datas.

Como peche do acto, a veciñanza poderá gozar dunha degustación de chocolate quente e doces artesáns elaborados por Mamá Teresa


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Arzúa convidan a toda a poboación a participar nesta xornada festiva e darlle a benvida a esta época do ano. 




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page